EDUCACIÓN

Os alumnos e alumnas de piano da Escola Municipal de Música realizaron un concerto monográfico sobre a obra de Erik Satie

27/04/2012 O alumnado de piano da Escola Municipal de Música realizou un concerto mongráfico sobre a obra musical de Erik Satie no que se interpretaron algunhas das pezas máis coñecidas deste músico francés. O público encheu o recinto, que se está a converter nun espazo de acollida e mostra do traballo de intérpretes novos da cidade.

Ademais das pezas musicais, deron a coñecer un caderno no que se inclúen textos deste peculiar músico, así como as impresións literarias que a cada alumno/a de piano lles suxiren os textos e a música deste autor. Este caderno literario está a disposición de quen o desexe, previa solicitude na Escola Municipal de Música ou na Concellería de Educación.

Documentos relacionados



Compartir: