PLENO

Dada conta ao Pleno da renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro

20/04/2012 A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario no que se deu conta do escrito de renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro.

Producida esta renuncia, iniciaranse os trámites para facer efectiva a incorporación como concelleira de Rebeca Domínguez, número 14 na lista electoral coa que o Partido Popular concorreu ás eleccións municipais de maio de 2011. A nova edil xurará o cargo noutro Pleno extraordinario. O alcalde compostelán, Ángel Currás, xa anunciou que Rebeca Domínguez asumirá as concellarías de Educación e Normalización Lingüística.

Compartir: