BENESTAR SOCIAL

Xornada sobre reagrupamento familiar na Unidade de Atención ás Migracións (UAMI)

26/03/2012 A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, realizou unha xornada informativa sobre Reagrupamento familiar, en colaboración con Cáritas Diocesana e Cruz Vermella.

Con esta xornada iniciouse un ciclo de xornadas informativas, de carácter periódico, co que se pretende achegar á poboación inmigrante a información necesaria para a realización de diversos trámites relacionados coa residencia das persoas inmigrantes no noso país. Os grupos de asistentes son reducidos, para facilitar a participación activa de todos e para que os asistentes poidan expoñer a súa situación concreta e as súas dúbidas.

Na xornada de Reagrupamento familiar tratáronse os seguintes aspectos:
- O reagrupamento familiar dende a perspectiva psicofamiliar.
- Normativa do reagrupamento familiar.
- Programa de reagrupamento familiar de Cruz Vermella.

Nesta primeira sesión informativa, participaron seis persoas de tres nacionalidades diferentes: Cuba, Marrocos e Colombia, interesados en traer a residir con eles na nosa cidade aos seus fillos ou ascendentes.

Compartir: