MULLER

Un torneo de fútbol sala feminino pechou os actos con motivo do Día da Muller

18/03/2012 Os actos organizados polo Concello con motivo da celebración do Día da Muller, o 8 de marzo, concluiron coa celebración dun torneo de fútbol sala feminino. 135 xogadoras de 13 equipos competiron polos dous trofeos de coiro deseñados especialmente para a ocasión pola artesá Ana Serra (Medialúa), unha das homenaxeadas no devandito Día da Muller.

Estes partidos pretendían dar a coñecer a práctica diaria de moitas mozas que na nosa cidade practican o fútbol sala. Nesta iniciativa, o Concellería de Muller tivo a colaboración do Departamento de Deportes, da Agrupación de Deportistas Veteranos e da S.D. A Gaiola.

O torneo celebrouse nos pavillóns de Fontiñas e Pontepedriña. A competición rexiuse polas normas da Agrupación de Deportistas Veteranos. Foron nove os equipos participantes: Gaiola Centro Deportivo, Milladoiro SD, Rodino TRS, CD Conxo, FC Meigas, París Zona Vella, Gaiola Omotepan, La Salle, Mesón Río Ulla, Don Frutos, Cruces FSF, Recambios Arturo e Funerario Apóstol.

Para complementar esta actividade deportiva, realizouse no pavillón de Fontiñas, entre as 11:00 e as 14:00 horas, un obradoiro de decoración de bolsas cunha temática relacionada co Día da Muller. Estaba destinado aos nenos e nenas que acudirann ao torneo acompañados dos seus pais e nais.

Compartir: