MEDIO AMBIENTE

Acción de promoción da eficiencia enerxética entre os cidadáns na praza do Toural

16/03/2012 A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asistiu na praza do Toural á a presentación do programa Módulo itinerante para a eficiencia enerxética, desenvolvido pola FUNDAinnovaCIÓN. Tamén asistiu o director do INEGA, Eliseo Diéguez.

Este proxecto pretende achegar a eficiencia enerxética aos cidadáns para promover o aforro enerxético nos fogares e empresas. A acción lévase a cabo dende unha sede móbil modular situada nos núcleos urbanos más importantes de España.

A praza do Toural acolle esta sede móbil, dende a que se divulga o uso razoable da enerxía e os métodos máis eficaces de aforro a través de actividades desenvolvidas por FUNDAinnovaCION, facendo visibles exemplos prácticos de aforro que fomenten o uso axeitado dos nosos recursos e, con isto, a redución dos custos mensuais das familias e empresas.

No marco do proxecto realizaranse varias mesas redondas en Santiago, a primeira das cales, sobre contaminación urbana, estaba prevista para esta mesma xornada de venres ás 17:30 horas. Para o sábado, ás 12:00 e ás 17:30 horas, quedan outras dúas mesas, sobre rehabilitación e tipos de enerxía, respectivamente.

Compartir: