MEDIO AMBIENTE

Entregados os premios aos gañadores do concurso escolar para a elección da mascota do Día da Árbore e da Auga

15/03/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto de entrega de premios aos escolares do concurso convocado pola Concellería de Medio Ambiente e Parques e Xardíns para elixir a mascota desta edición do Día da Árbore e da Auga, que se celebrará o 21 de marzo.

Neste certame participaron rapaces e rapazas do CEIP Cardeal Quiroga Palacios e do CPR Divino Maestro. Estes dous colexios están a carón da superficie en Santa Marta onde se plantarán 300 exemplares de árbores autóctonas o mércores 21 de marzo.

A mascota desta edición é obra de Leilía Marie Pichel, alumna do CEIP Cardeal Quiroga Palacios, quen realizou o debuxo dunha mascota co nome de "Arborauga". Os outros dous primeiros premios do concurso foron para Celia Varón Seijo, do CPR Divino Maestro, coa súa "Familia Arbolín" e para Helena Santidrián Mas, do Quiroga Palacio, cunha mascota denominada "Pingarbus". Tamén se concederon cinco accésits.

Compartir: