MEDIO AMBIENTE

Satisfacción municipal pola inminente apertura do trámite de impacto ambiental para a nova ubicación da EDAR

15/03/2012 A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, expresou a súa satisfacción e a do Goberno municipal pola aceptación do Ministerio de Medio Ambiente Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do inicio da tramitación de impacto ambiental para a nova ubicación da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Confía en que nun prazo de dous meses estea listo este estudo.

María Castelao agradeceu á Xunta de Galicia o traballo realizado para lograr a aceptación do Ministerio da nova situación, no lugar do Souto, e considerou esta decisión "unha boa noticia para os cidadáns de Santiago e, en especial, para os veciños de Laraño".

A edil lembrou que a obra da EDAR, valorada en 70 millóns de euros, debe comezar antes do fin de 2013 e estar rematada en 2015 para non perder os fondos europeos que ten asignados.

Documentos relacionados



Compartir: