CULTURA

Suspéndese o concerto de Pablo Milanés previsto para o 24 de marzo no Auditorio

07/03/2012 O artista cubano Pablo Milanés vén de cancelar a súa xira española por motivos de saúde imprevistos e urxentes. Así, o concerto programado para o 24 de marzo no Auditorio de Galicia, dentro de Sons 2012, tivo que ser suspendido. A todos aqueles que xa adquirirán as súas entradas, seralle reembolsado do diñeiro coa devolución da entrada.

Os que a mercaron a través de Novagaliciabanco (tanto no número de teléfono 902 434 443 como na web entradas.novacaixagalicia.es) non teñen que facer ningunha xestión, xa que dende a entidade xa lles devolveron o importe da compra na mesma tarxeta coa que realizaron o gasto.

Os que a mercaron na billeteira do Teatro Principal teñen que dirixirse á propia billeteira coas entradas para que se lles devolva o importe. Os interesados teñen ata o propio 24 de marzo para solicitar esta devolución. A billeteira do Teatro está aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Dende a Concellaría de Cultura lamentan as molestias que puideran causar esta cancelación que foi, como xa diciamos, imprevista e urxente. Así mesmo, deséxanlle a Milanés unha pronta recuperación e esperan telo en breve de novo de xira e visitando a nosa cidade.

Compartir: