ALCALDÍA

Conde Roa atende as demandas dos veciños do barrio de Salgueiriños

07/03/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitando o barrio de Salgueiriños, atendendo así unha petición veciñal para que analizara sobre o terreo algunhas das súas demandas.

Conde Roa fixo un percorrido polo barrio acompañado dalgúns veciños. Así, puido comprobar as súas principais reivindicación de mellora, que fundamentalmente pasan, segundo dixo, por un "labor de mantemento". Deste xeito, comprometeuse a abordar cuestións coma o transporte urbano, a accesibilidade na avenida do Cruceiro da Coruña, ou reparacións no mobiliario urbano e no alumeado.

Documentos relacionados



Compartir: