SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local entregou as súas medallas e galóns de mérito no día do seu patrón

03/03/2012 A Policía Local celebrou o día do seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo, o Corpo entregou as súas placas e medallas de recoñecemento nun acto presidido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

Tras unha cerimonia relixiosa na Catedral, o salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega das medallas e galóns de méritos aprobados no Pleno municipal do 23 de febreiro. Así, "polo mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou polos méritos contraídos ao longo dun período de tempo" recibiron as medallas do Corpo os policías locais Marcelino Pérez Manteca, Juan Vázquez Turnes, Manuel Enrique López Rey e Ramón Brea Bendaña (a título póstumo); o tenente da Garda Civil Miguel Soldán Lema, o inspector do Corpo Nacional de Policía Antonio Fernández Criado e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Ademais, entregáronse galóns de mérito a unha serie de axentes do Corpo da Policía Local "que se distinguen polas súas virtudes profesionais e humanas": José Manuel Sampedro Alcalde, Víctor Manuel Rodríguez García, Guillermo Blanco Caamaño e José Mosquera Mira.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: