CONSORCIO

Presentado o libro "Santiago monumental. Apuntes de Segundo Hevia"

01/03/2012 O Consorcio de Santiago presentou o libro Santiago monumental. Apuntes de Segunda Hevia, coeditado con Teófilo Edicións . Nesta nova publicación recóllense algo máis de 100 debuxos de Segundo Hevia, apuntes do natural que logo foron empregados para realizar as súas coñecidas acuarelas sobre Santiago.

Estes apuntes fan referencia a moitos recunchos da cidade histórica: a Praza de Abastos, a praza de Cervantes, as rúas Nova e do Vilar ou a Catedral. A coordinación do libro correu a cargo de Luis Posse Vidal e contén pequenos escritos ilustrativos dos profesores José Manuel García Iglesias e Fernando López Alsina.

Compartir: