CULTURA

Últimos días para asistir á mostra do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

24/02/2012 A exposición do VII Premio para Novos Artistas pechará as súas portas o 4 de marzo no Auditorio de Galicia. Na mostra poden verse ademais da obra gañadora do Premio e os catro accésits, as outras obras que foron preseleccionadas polo xurado, en total 40. Ademais, os visitantes poderán votar pola súa obra favorita e a que máis votos teña levará o Premio do Público, valorado en 1.200 euros. A seguinte exposición, que se inaugurará o 14 de marzo será Ars Combinatoria, de Chema Madoz.

Os Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas comezaron a celebrarse no ano 2001 nun momento en que os creadores do noso país tiñan escasas oportunidades de apoios económicos e institucionais que lle permitisen traballar nos seus proxectos. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011. Tiveron que presentar unha obra orixinal e inédita e de entre todos os presentados o xurado elixiu 40, que son os que se poden ver nesta exposición. O premiado levará 6.500 euros mentres que os accésits, 1.500 euros cada un. Ademais, está o citado Premio do Público, que elixixen os visitantes da exposición, e que está valorado en 1.200 euros.

O premiado desta edición foi Federico Vladimir Strate Perdizc, co vídeo Henry Hudson e o seu fillo. Os catro accésits recaeron en Horacio González Diéguez, coa instalación Sen título; Christian García Bello, co traballo Todo ardió luminoso, pero no es suficiente; Josetxu F. Cárcamo, coa obra El mentiroso de mi vecino; e Jacobo Bugarín, coa instalación Sen título.

Os artistas seleccionados nesta edición dos cales podemos ver as súas obras na mostra son: Hugo Aldatz Alonso / Fruela Alonso / Carlos Álvarez / Begoña Ante / Misha Bies Golas / María Blanco / Jacobo Bugarín* / Miriam Cartagena / Rosendo Cid / Marcos Covelo-M8K8 / Culture Workers / Manuel Eirís / Josetxu F. Cárcamo / Tamara Feijoo / Carla Fernández Andrade / Iván Ferreiro / Marta Fortes / Iván Franco / Lúa Gándara / Christian García Bello / Ignacio García Gómez del Valle / Lucía García Rey / Amaya González / Horacio González Diéguez / Enrique Lista / Noemí Lorenzo / Carlos Maciá / Jesús Madriñán / Joan Morera / Antía Moure / Álvaro Negro / Gemma Pardo / Lois Patiño / Cillas Seyde / Federico Vladimir Strate Pezdirc / Ismael Teira / Mauro Trastoy / Edu Valiña / Juan Varela / Verónica Vicente.

Compartir: