TURISMO

Conferencia sobre a dieta atlántica no marco das actividades do Fórum Cidade

24/02/2012 Seguen as actividades do Fórum Cidade. Así, o Hostal dos Reis Católicos acolleu unha conferencia dos profesores da USC Rafael Tojo e Rosaura Leis sobre a Dieta Atlántica: nutrición, gastronomía, saúde e calidade de vida. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu a esta charla.

A dieta atlántica caracterízase por unha gran variedade de alimentos frescos, de tempada e minimamente procesados, con abundancia de verduras, peixes, moluscos, crustáceos e algas, consumo moderado de carne de vacún, porco e lácteos, abundancia de auga de mananciais, uso de aceite de oliva e de salsas de baixa carga enerxética e alta calidade nutricional.

Compartir: