ALCALDÍA

Lembrando a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento

24/02/2012 A praza de Vigo acolleu unha homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 175 aniversario do seu nacemento en Santiago de Compostela. O acto celebrouse a carón do monólito que lembra a casa do antigo Camiño Novo na que naceu a escritora na madrugada do 24 de febreiro de 1837.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sumouse a esta homenaxe e leu un poema pertencente ao cuarto libro de Follas Novas, "Da terra". Tamén interveu a escritora Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro, quen considerou a Rosalía de Castro tan compostelá como padronesa e manifestou a súa ledicia porque este día sexa a partir de agora o día de Rosalía en Santiago.

Ademais, realizouse unha ofrenda floral sobre o monólito. A música púxoa o grupo Algures, acompañado tamén de integrantes da Asociación do Traxe Galego.

Compartir: