DEPORTES

Pista de xeo na praza da Quintana

01/01/2012 Rematado o Nadal, a Pista de Xeo da praza da Quintana segue aberta ata finais de xaneiro.

De luns a xoves, a pista de xeo destina un horario de 10:00 a 14:00 horas á presenza de escolares. Pola tarde, abre de 17:00 a 21:00 horas. Os venres, sábados e domingos, a instalación está dispoñible de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Ademais, tanto os venres como os sábados o horario nocturno esténdese dende as 23:00 ás 2:00 horas.

A entrada para os escolares nese tramo matinal de 10:00 a 14:00 horas ten un custo de 3,50 euros. Para o resto de horarios e público en xeral a entrada custa 6,50 euros a hora, ou 8,50 euros sen límite de tempo. En todos os casos os patíns están incluídos no prezo. No caso de que os usuarios empreguen os seus propios patíns terán unha rebaixa no prezo.

A pista de xeo natural ten unhas dimensións de 10 x 30 metros e está protexida cunha cuberta realizada con aluminio e PVC transparente. A superficie da pista que contén 20 metros cúbicos de auga.

Compartir: