TURISMO

Santiago e Tanabe seguen estreitando lazos

26/09/2011 Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás, recibiron en Raxoi a Mari Kawabata, directora de Turismo da Prefectura de Wakayama, e Brad Towle, director da Oficina de Turismo do Camiño de Kumano.

No encontro, no que tamén participou a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, falouse sobre os lazos que unen a Santiago e Tanabe, grazas ás accións de promoción conxunta dos camiños de Santiago e Kumano. Este programa de promoción de ambas cidades está recollido no convenio asinado en Santiago en 2008. Esta colaboración permitiu a creación da páxina web www.spiritual-pilgrimages.net, onde se describen as orixes e as similitudes entre ambos camiños. A páxina pode consultarse en castelán, inglés e xaponés.

Neste período tense desenvolvido unha ampla serie de accións, que están permitindo consolidar a imaxe de Santiago no mercado xaponés, vinculando o Camiño de Santiago a unha ruta espiritual considerada sacra na cultura nipona. Esta ruta foi declarada Patrimonio da Humanidade no 2004.

Compartir: