NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O acto central deste Día das Letras Galegas celebrarase a partir das 13:00 horas na praza do Toural. Nenos e nenas da escola de danza de Cantigas e Agarimos lerán poemas de Lois Pereiro. Tamén intervirá o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A nota musical poñeraa a propia agrupación folclórica, pero tamén a Banda Municipal de Música, cun concerto extraordinario na rúa do Vilar ás 12:00 horas.
As actividades desta xornada inclúen tamén a colocación dunha placa no cemiterio de Boisaca en memoria de todos aqueles grazas aos que mantemos viva a nosa lingua, e a solta de 200 libros na Alameda e no seu entorno (book croosing),
Xa pola noite, o Teatro Principal será escenario da representación da obra Pelos na lingua, por Talía Teatro. A entrada é de balde ata completar aforo e pode retirarse no Departamento de Lingua Galega (Casa do Concello – 1º andar, Tel: 981 542 350), na Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3, Tel: 981 542 350) ou no despacho de billetes do propio Teatro.
O programa de actos estenderase aínda ao 18 de maio, día no que a Casa das Asociacións acollerá un recital de poesía de 20:00 a 21:30 horas. O dúo de guitarristas Yunta Brava cantará poemas de Lois Pereiro e de autores galegos de todos os tempos. Ademais, entregarase gratuitamente un poemario do poeta homenaxeado e material divulgativo da Concellaría de Normalización Lingüística.
Lois Pereiro
Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos en 1958. En 1975 marcha a Madrid, onde comeza a cursar os estudos de Socioloxía, carreira que deixa aos poucos meses para volver a Monforte, onde traballará na cristalería do seu pai un tempo. Finalmente volverá a Madrid, onde funda a revista Loia xunto con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro. Aínda que a revista só chega a publicar catro números, é aquí onde Lois comeza a publicar os seus primeiros poemas.
En 1981 establécese na Coruña, onde comeza a colaborar coa revista Luzes de Galicia ao tempo que se gaña a vida como tradutor e xornalista. Entre 1984 e 1985 intégrase no colectivo De Amor e Desamor, participando nas dúas publicacións colectivas do mesmo nome que verán a luz neses anos.
Tras gañar en 1992 o Concurso Nacional de Poesía O Facho, a súa obra ata entón espallada en revistas e publicacións colectivas é recollida no volume Poemas. 1981/1991. En 1985 e xa enfermo, publica Poesía última de amor e enfermidade. Morre na Coruña en 1996.
No ano 1997 publícase Poemas para unha Loia, que recolle os traballos da súa época madrileña, así como o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, que xa se dera a coñecer nas páxinas de Luzes de Galicia. Esta mesma revista publicará neste ano os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa, Náufragos do paradiso.
Música, xogos, teatro e moita poesía para homenaxear a Lois Pereiro
12/05/2011 A Concellería de Normalización Lingüística preparou un completo programa para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado nesta edición a Lois Pereiro. Haberá solta de libros, música, baile, lectura de poemas, xogos e teatro.
Os actos con motivo do Día das Letras Galegas comezarán o luns 16, coa presentación do xogo de toponimia Atopando Compostela na Biblioteca Pública Ánxel Casal, segundo explicou a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez. Este gran xogo terá continuidade ao día seguinte, a partir das 17:30 horas, na praza da Quintana. Alí participarán colectivos e cidadáns en xeral e repartiranse 300 libros do autor homenaxeado entre os participantes. Ademais, haberá unha exhibición de traxes tradicionais a cargo da Asociación do Traxe Galego e actuarán a Colexiata do Sar e o Coro da Rá.O acto central deste Día das Letras Galegas celebrarase a partir das 13:00 horas na praza do Toural. Nenos e nenas da escola de danza de Cantigas e Agarimos lerán poemas de Lois Pereiro. Tamén intervirá o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A nota musical poñeraa a propia agrupación folclórica, pero tamén a Banda Municipal de Música, cun concerto extraordinario na rúa do Vilar ás 12:00 horas.