SEGURIDADE CIDADÁ

Os bombeiros sufocan un incendio nun estabelecemento de hostalería da rúa do Vilar

26/04/2011 As 13.38 horas de hoxe os Bombeiros de Santiago recibiron unha chamada que alertaba dun incendio no estabelecemento de hostelería Airas Nunes, na rúa do Vilar. Ata o lugar desprazáronse dous camións.

O lume produciuse polo quentamento dunha cheminea de saída de gases situada na cociña e afectou principalmente a un almacén ubicado xusto enriba da mesma. A cociña non chegou a arder, pero viuse afectada pola auga.

Compartir: