ALCALDÍA

Encontro do alcalde co saínte almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar

12/04/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar, con motivo da súa marcha a Rota para exercer o cargo de almirante da Flota da Armada.

Santiago Bolíbar deixa o arsenal ferrolán para desempeñar o segundo cargo en importancia da Mariña, despois do de almirante xefe do Estado Maior da Armada. Permanecía en Ferrol dende maio de 2008. O alcalde agradeceulle a colaboración nestes tres anos e desexoulle os maiores éxitos nas súas novas responsabilidades.

Compartir: