URBANISMO

Emuvissa abriu as plicas das obras nos polígonos de Formarís e Costa Vella

07/03/2011 Na sede de Emuvissa tivo lugar a xuntanza da mesa de contratación para a apertura dos sobres nº 1 e nº 2 das licitacións públicas polo procedemento aberto multicriterio para a execución das obras dos polígonos industriais de Formarís e Costa Vella e do enlace da N-550.

A construción da 1ª fase do enlace da N-550 cos ámbitos industriais SUNP-37.3, SUNP-38 e FINSA está orzamentada en 4.089.785,95 euros, cun prazo de execución de 12 meses. A urbanización do polígono industrial SUNP-37.3 de Costa Vella ten un orzamento de execución por contrata de 6.047.196,61 euros e cun prazo de execución de 12 meses. Finalmente, as obras po polígono SUNP-38 de Formarís teñen tamén un prazo de 12 meses e un custo de execución por contrata de 8.940.221,56 euros.

Presentáronse 76 ofertas: 21 á construción do enlace, 25 á urbanización de Costa Vella-3 e 30 á urbanización de Formarís.

Trala apertura dos sobres e comprobación da documentación, a mesa aceptou 74 das ofertas. No caso da licitación de Formarís non se admitiron dúas ofertas por falta da clasificación requirida. Todas as empresas presentaron certificado de viabilidade dos proxectos.

A mesa contou coa presenza de todos os seus membros e estivo presidida pola concelleira de Urbanismo e vicepresidenta de Emuvissa, Mercedes Rosón.

A avaliación das ofertas vaise realizar de forma externa baixo a supervisión dos técnicos de Emuvissa no prazo dun mes. Deste xeito, a demora na apertura de plicas por mor da presentacións de recursos reduciuse a oito días.

Compartir: