ALCALDÍA

Pequenos e maiores achegáronse a Raxoi para contemplar a Copa do Mundo

22/01/2011 O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, recibiu a Copa do Mundo gañada pola Selección Española de fútbol no pasado Mundial de Sudáfrica. Logo, o trofeo foi visitado en Raxoi por numerosos cidadáns.

A Copa do Mundo volveu a Santiago tras o seu paso pola cidade o pasado mes de decembro, cando foi ofrecida ao Apóstolo. Desta vez, o concelleiro de Deportes recibiu simbolicamente o trofeo de mans dun membro da Federación Española de Fútbol. E durante a mañá e a tarde do sábado, centos de cidadáns, novos e non tan novos, non dubidaron en facer cola para contemplar o trofeo e fotografarse xunto ao mesmo.

Compartir: