CIDADE HISTÓRICA

A Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación, galardoada co Premio Cidades Patrimonio da Humanidade

01/12/2010 O Ministerio de Cultura fallou os premios Cidades Patrimonio da Humanidade. O primeiro premio, dotado con 30.000 euros, foi para a Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCiHR).

Á OCiHR concedéuselle o premio pola súa actuación no casco histórico da nosa cidade, como "unha continuada intervención integral modélica, unha filosofía e un modo de proceder na actuación arquitectónica e urbanística nos ámbitos históricos, mantendo por un lado o seu carácter monumental e, por outro, favorecendo a súa habitabilidade". O proxecto premiado exemplifícase a través de trece intervencións.

Estes galardóns recompensan o labor de persoas físicas ou xurídicas no ámbito da conservación, restauración, promoción e difusión do patrimonio histórico e cultural realizada nas cidades españolas cuxos conxuntos históricos ou monumentos singulares fosen declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en calquera das súas categorías. Tamén valora a revitalización social dos conxuntos históricos e a vida nas cidades patrimoniais.

Compartir: