PLAN ESTRATÉXICO

O Plan estratéxico aborda a súa última fase

14/09/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha reunión co director do Plan Estratéxico, Luís Caramés, e o responsábel da UTE que leva a cabo o estudo, Ánxel Viña.

O obxectivo desta reunión era o de relanzar a terceira e última fase do Plan, isto é, a "proposta de estratexias", que xa está moi avanzada, tras finalizar as fases de análise e diagnose. Tanto Sánchez Bugallo como Caramés e Viña esperan poder analizar e discutir cos axentes sociais a finais de outubro o Plan Estratéxico, a fin de poder finalizar o documento.

Compartir: