FESTAS

Teté Delgado exercerá de pregoeira das Festas do Apóstolo

15/07/2005 Santiago volve a festexar do 15 ao 31 de xullo as súas tradicionais Festas do Apóstolo, nas que, entre outros artistas, actuarán David Bustamante, Manolo García, Antony and the Johnsons, Macaco, Sargento García, Chico César e Ray Lema, Verónica Codesal, Bebe, Amaral e Hombres G.

Os festexos comezan o venres 15 de xullo co pregón da actriz galega Teté Delgado e un concerto de David Bustamante no Obradoiro, de balde. Ademais dos concertos, que se enmarcan no Compostela Festival, haberá unhas Xornadas de Folclore, as tradicionais Noites na Alameda, espectáculos de danza, animación na rúa, xogos tradicionais e diversas actuacións.

As Festas do Apóstolo, declaradas de Interese Turístico Internacional, traerán na noite do 24 de xullo os tradicionais fogos artificiais e a queima da fachada gótica da Catedral, na praza do Obradoiro. O día 31 de agosto, poñerá o broche final ás festas o carnaval do Candeal e os Fogos de Fin de festa, que se poderán disfrutar desde a escalinata do Campus Sur Universitario a partir das 11 da noite.

Compartir: