SEGURIDADE CIDADÁ
A través das súas sucursais, o Banco de España organiza formación presencial ou online dirixida aos profesionais sobre o manexo de efectivo así como para a cidadanía sobre os elementos de seguridade avanzados que incorporan os billetes e moedas en euros e que permiten distinguir facilmente os auténticos dos falsos.
O efectivo é o único medio de pago universalmente aceptado e ao alcance de toda a cidadanía, o que garante autonomía e permite realizar pagos a quen carece de contas bancarias ou ten un acceso limitado a outros medios de pago, polo que é clave para a inclusión social de persoas en situación vulnerable. O Banco de España traballa, desde a súa sede central en Madrid e desde a súa sucursal en Galicia para asegurar que o efectivo continúe a estar dispoñible, sexa amplamente aceptado como medio de pago e depósito de valor e sexa percibido pola cidadanía como seguro fronte á ciberdelincuencia, a fraude e a falsificación.
A Policía Local de Santiago participa nun curso sobre seguridade no uso do efectivo
02/10/2024 Unha trintena de axentes da Policía Local de Santiago participaron en dúas sesións formativas presenciais impartidas polo persoal do Banco de España en Galicia baixo o título "As formas de pagamento e depósitos de valor que sexan percibidos polos cidadáns como seguro fronte á ciberdelincuencia, a fraude e a falsificación". Neste curso tratáronse temas de interese para os e as axentes no seu labor de atención cidadá e loita contra a delincuencia, como os elementos de seguridade de billetes e moedas ou a prevención da fraude en operacións de efectivo ou financeiras por medios dixitais.
O Banco de España, a través das súas sucursais, e os Corpos e Forzas de Seguridade colaboran na loita contra a ciberdelincuencia, a fraude, a falsificación, o branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo, nun modelo baseado en tres piares fundamentais: o técnico, o policial e o xudicial. Froito desta colaboración levouse a cabo na sucursal bancaria da Coruña esta formación dividida en dous días na que participaron case trinta membros da Policía Local.A través das súas sucursais, o Banco de España organiza formación presencial ou online dirixida aos profesionais sobre o manexo de efectivo así como para a cidadanía sobre os elementos de seguridade avanzados que incorporan os billetes e moedas en euros e que permiten distinguir facilmente os auténticos dos falsos.