COMERCIO
"12 comercios, 12 sensibilidades"
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" busca fortalecer as relacións entre os comercios locais e fomentar o apoio ás causas sociais. Trátase dunha colaboración entre doce comercios situados en diferentes puntos da cidade- O obxectivo principal é promover a solidariedade e a conciencia social, así como tamén incrementar o movemento de clientes entre os pequenos establecementos da cidade. Esta campaña solidaria conta co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, que recoñece a importancia de fomentar iniciativas que promovan a solidariedade e o apoio ás entidades sociais na cidade.
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" amosa nunha mesa redonda a vida das persoas con esclerose múltiple ou parkinson
22/04/2024 O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.
A mesa redonda comezará ás 19.00 horas, e contará coa participación de Mª Isabel Quelle Campos, afectada de esclerose múltiple, e Enrique Ben de la Fuente, afectado de párkinson. A secretaria e o vicepresidente de ACEM relatarán como viven con estas enfermidades para concienciar á sociedade e, ao tempo, para dar a coñecer o traballo da asociación que tece unha rede de apoio para as persoas afectadas e para as súas familias. Para asistir á mesa redonda, no establecemento de San Pedro de Mezonzo, é preciso inscribirse previamente no teléfono 981 575 240, no mail acem.santiago@gmail.com, ou no propio Centro Deportivo Atmósfera."12 comercios, 12 sensibilidades"