CAPITAL CULTURAL
Ate o 16 de xuño, Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy amosarán no espazo expositivo do Auditorio propostas heteroxéneas que abordan temas, códigos e desafíos estéticos ben actuais. A cotiandade, a saúde mental, o ecoloxismo, o humor, as relacións familiares, a precariedade laboral ou a igualdade de xénero atravesan os traballos destas seis creadoras galegas que conforman esta exposición colectiva marcada pola pola diversidade de fórmulas e de ollares.
En palabras da concelleira a mostra "convídanos a que recoñezamos e repensemos as propostas formais e discursivas que nos chegan dende esta área que a miúdo situamos nas marxes" e, continuou "cumpre unha vez máis co afán de servir de fiestra cara a propostas menos estandarizadas, na periferia dos circuítos expositivos máis convencionais, para abrirnos a ollada e o pensamento".
O comisario da exposición, Íñigo Rodríguez Román remarcou que é "moi necesario de que tanto o fanzine como a BD teñan o recoñecemento das institucións e achegar ao público esta forma de arte contemporánea". O comisario apuntou que non se trata dunha mostra de carácter historiográfico senón ‘dunha mostra de artistas’. Cómics, portadas, axendas, carteis, cerámicas, autocolantes, e mesmo bicicletas conforman esta compilación de obras de creadoras que elaboran as súas narrativas desde a plena conciencia do artístico en traballos que toman o fanzine como ferramenta expresiva primixenia. É na auto edición gráfica onde experimentan sen complexos xerando esquemas expresivos e estéticos audaces e persoais, que formalmente van dende as propostas máis conceptuais ata códigos estéticos universais.
A mostra garda tamén lugar para a homenaxe a festivais e movementos de autoedición galegos activos na actualidade como Fun, fun fun movidote de autoedición (Santiago de Compostela), VaiaVaia (Lugo) e Autobán (A Coruña), a outros anteriores como No tengo mamá (Vigo) e a publicacións históricas como Xofre ou Barsowia. Ademais inclúe un espazo para a lectura libre de fanzines e unha sección ‘BD exquisita’ para que as persoas visitantes debuxen propostas que despois pasarán a ocupar tamén as paredes da sala.
A partir da inauguración deste martes, que contará coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín, da concelleira Míriam Louzao, do director-xerente do Auditorio, Xaquín López, de íñigo Rodríguez Román, Neves Rodríguez e das artistas participantes, a mostra poderá ser visitada de balde de luns a domingo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. O martes, día 9 de abril, arrancará ademais un programa de visitas guiadas ás que se poderá acceder de balde previa inscrición na páxina web de Compostela Cultura.
Mulleres en cadriños
Comisariada por Íñigo Rodríguez Román, #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega é o corazón do programa de actividades ‘Mulleres en Cadriños, dirixido por Neves Rodríguez e concibido para pór en valor o traballo das mulleres galegas dentro da banda deseñada. A dicir de Rodríguez, o programa ‘Mulleres en cadriños’ "nace da necesidade de reivindicar a banda deseñada independente, os fanzines e os movementos de autoedición dende unha ollada feminina, centrada no traballo das mulleres artistas que traballan neste eido na Galiza".
Nos meses de abril e maio levará a Zona C da praza de Cervantes 2 obradoiros para a rapazada, e 4 encontros e conversas con artistas que se dirixen tanto ao público familiarizado co mundo da BD e da gráfica fanzineira como a todas aquelas persoas que queiran comezar a descubrilo. En todas as actividades o acceso é de balde até completar capacidade pero, os obradoiros esixen reserva de praza no enderezo obradoiros.punctum@gmail.com.
A sesión ‘Fanzines, camiños de ida e volta’ abre este programa de actividades complementarias o sábado 20 de abril ás 12 horas cunha conversa entre Maru Astray, Julia Lago, Uxía Larrosa, Bea Lema, Xulia Pisón e Pepa Prieto arredor da autoedición e o fanzine, o lugar onde sempre volven e dende o que desenvolven a súa creatividade.
Na tarde do mesmo día, a partir das 16.30 horas, Julia Lago impartirá o obradoiro 'BDD, Banda Deseñada Díver’, concibido para que o público novo poida aventurarse na BD e practicar con ela a combinación de debuxo e texto que permite narrar unha historia e ese de trazo desenfadado, fresco e con frecuencia colorista que caracteriza os traballos da ilustradora. Hai 25 prazas dispoñibles dirixidas á rapazada de entre 9 e 12 anos e, para facerse con unha, cómpre enviar solicitude ao enderezo obradoiros.punctum@gmail.com antes das 14 horas do 19 de abril.
O segundo dos encontros desenvolverase o 4 de maio ás 12 horas baixo o título 'Autoedición como supervivencia: fanzines para a resistencia feminista e LGTBIQ+ en Galicia'. A investigadora María Gil Martínez conversará en profundidade sobre a autoedición para falar dos seus límites e especificidades nun achegamento á actualidade a través de exemplos concretos onde abordará as diferentes formas de relación entre arte e política na autopublicación observando os inicios do fanzine feminista e LGTBIQ+.
Tamén esa tarde, Bea Lema impartirá na Zona C un obradoiro de ilustración sobre tea de saco, unha técnica de representación que xurdiu en Chile durante a ditadura militar e que adoitaba ser feita por grupos de mulleres. O obradoiro diríxese a nenas e nenos de máis de 10 anos que poderán optar a unha das 25 prazas dispoñibles mediante inscrición no enderezo obradoiros.punctum@gmail.com antes das 14 horas do 3 de maio.
Dea Gómez e Diego Omil, integrantes do colectivo artística Los Bravú, tomarán o relevo do programa de actividades o mércores 22 de maio ás 17.30 horas. Na sesión ‘Procesos e sucesos’ falarán de cómic, fanzines, pintura, escultura, fotografía ou audiovisual para compartir co público os seus procesos creativos e os sucesos que os fan posibles.
O último dos encontros desenvolvidos ao abeiro da exposición #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega terá lugar o 25 de maio ás 12.00 horas para ofrecer unha viaxe dende as orixes do cómic até o presente da man da xornalista Elisa McCausland. Moderado por Neves Rodríguez e baixo o título 'Xenealoxía e futuro das autoras de cómic', este faladoiro percorrerá as dinámicas editoriais, socio-económicas e autorais á luz dos feminismos da man das autoras que se foron sucedendo nas diferentes etapas do medio.
As creadoras
Maru Astray (Santiago de Compostela, 1994). Fanzineira, artista plástica e ilustradora. Estudou Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña e o Mestrado de Deseño Gráfico da Escola Superior de Deseño de Barcelona EsDesign. Os seus traballos teñen unha marcada influencia do lowbrow (surrealismo pop) cunha paleta de cores moi recoñecible. Utiliza como medio o papel, o lenzo e a experimentación con materiais como o vidro. As súas obras tomaron parte en exposicións colectivas no Museo Reina Sofía de Madrid e foron expostas en espazos como a Galería Maraca de Vigo.
Julia Lago (A Coruña, 1994). Artista de cómic e ilustradora, e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e mestrada en Ilustración e Deseño pola Universidade Politécnica de Valencia. A súa arte constrúese mediante un xesto desenfadado e unha utilización da cor que marca o carácter de cada peza. Julia foi beneficiaria das ‘Ayudas Injuve para la Creación Joven’ e o seu libro Nós seis acadou o Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña. O seu traballo exhibiuse en institucións como o Museo Reina Sofía, a Sala Salvador de Madariaga da Coruña, a Casa Museo Picasso ou a Sala Manuel Moldes da UVigo.
Bea Lema (A Coruña, 1985). Artista de cómic, ilustradora e artista de animación, as súas obras abordan desde a autorreferencia a temas relacionados co trauma, as relacións familiares, a enfermidade mental, a relixión e os ritos populares. Exerce a súa arte tendo o debuxo, o bordado e a animación como principais soportes e medios de expresión. En 2017 recibiu o XII Premio de Cómic Castelao da Deputación da Coruña por O Corpo de Cristo, un proxecto autobiográfico que trata a enfermidade mental dende a perspectiva dunha nena. E, en 2022 é seleccionada para realizar a residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs de Angoulême (Francia). O resultado desa residencia é un libro publicado en Francia pola editorial Sarbacane baixo o título Des maux à dire, e en España por Astiberri baixo o título El Cuerpo de Cristo. Este traballo recibiu ademais o Premio do Público do Festival de Angoulême, foi finalista do Premio ACDCómico de autora emerxente e Premio do Xurado do Festival BD en Périgord.
Uxía Larrosa (A Coruña, 1993) Artista de BD e historietista, estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona con especialidade en gravado. Ademais, realizou estudos no Centro de Estampa Contemporánea de Betanzos e cursou o Mestrado en Estudos de Cine e Audiovisual Contemporáneo da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Posúe unha enorme forza narrativa na que a economía de medios é utilizada como unha ferramenta simbólica máis á hora de darlle forma ao seu particular imaxinario artístico. A pesar da súa mocidade foi gañadora do concurso de cómic Reckalde-Ortzadar, do certame de banda deseñada Xuventude Crea da Xunta de Galicia en 2018 e, xunto a Luis Yang, do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña 2022.
Xulia Pisón (A Coruña, 1985). Artista de BD e ilustradora, cursou estudos de ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Foi a gañadora do certame de banda deseñada Xuventude Crea da Xunta de Galicia na súa edición de 2015 e premio extraordinario en ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Artes Plásticas da Xunta de Galicia 2017-2018. Dende 2015, Xulia é unha das artistas de BD máis prolíficas da nosa comunidade, editando traballos para Alita Comics, Demo editorial, Edicións Xerais, Universidade da Coruña, Amnistía internacional ou Salvat.
Pepa Prieto Puy (Santiago de Compostela, 1989). Artista referente dentro do panorama galego e nacional da BD, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. A súa traxectoria comeza nos festivais de autoedición galegos da man do fanzine colectivo Firecream. Os seus traballos foron publicados por editoriais como Tik Tok, Fosfatina e RV papers, e acadaron a atención de publicacións de sona internacional como o New York Times e The New Yorker.
A mostra ‘#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega’ bota a andar no Auditorio de Galicia
02/04/2024 A exposición inclúe traballos de artistas da BD e o fanzine galego como Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy e poderá ser visitada do 2 de abril ao 16 de xuño. Comisariada por Íñigo Rodríguez Román, a mostra forma parte do programa ‘Mulleres en cadriños’, unha iniciativa dirixida por Neves Rodríguez para pór en valor o traballo das mulleres na banda deseñada galega.
A Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia acolle este martes ás 20 horas a inauguración da mostra ‘#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega’, unha exposición que pon a dialogar os traballos de creadoras galegas de banda deseñada e fanzine para dar conta do seu potencial artístico e discursivo. A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao presentou a mostra este martes nunha rolda de prensa na compaña do seu comisario, Íñigo Rodríguez Román, e da directora do programa de actividades paralelas ‘Mulleres en cadriños’ Neves Rodríguez.Ate o 16 de xuño, Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy amosarán no espazo expositivo do Auditorio propostas heteroxéneas que abordan temas, códigos e desafíos estéticos ben actuais. A cotiandade, a saúde mental, o ecoloxismo, o humor, as relacións familiares, a precariedade laboral ou a igualdade de xénero atravesan os traballos destas seis creadoras galegas que conforman esta exposición colectiva marcada pola pola diversidade de fórmulas e de ollares.