ALCALDÍA

A Corporación acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón

01/04/2024 Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. A corporación municipal, encabezada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.

Como vén sendo tradición, a delegación compostelá foi recibida na Casa do Concello padronés e, tras o intercambio de bastóns de mando e pendóns, os dous alcaldes pronunciaron unhas palabras no salón de plenos. Tras os dous discursos, as dúas corporacións e a veciñanza puideron escoitar as actuacións das bandas municipais de Santiago e de Padrón.

A celebración do Día de Santiago en Padrón no luns de Pascua é unha cita tradicional na que as dúas vilas reforzan a súa irmandade, como fan despois no Día de Padrón en Santiago, nas festas do Apóstolo.

Compartir: