SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
A nova zona de xogos ten un carácter singular dentro da praza, nunha área circular acoutada, cun pavimento interior de caucho de cores acordes aos novos xogos infantís. O resto do espazo queda libre para outras actividades.
A obra total de remodelación da praza, encadrada na EDUSI de Santiago de Compostela e cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020), contou cun investimento de 187.550 euros.
O novo parque infantil da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro
11/10/2023 As cativas e os cativos da Pontepedriña contarán dende mañá cun novo parque para o seu desfrute na recentemente remodelada praza de León. O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, asistiu esta mañá á sinatura da acta de recepción obra, trámite previo á apertura do novo equipamento.
O obra en conxunto consistiu no redeseño da praza de León, sita no grupo de vivendas Cardenal Quiroga, en Pontepedriña, priorizando o uso estancial e lúdico. O proxecto recolleu a integración dunha zona de xogo, o cambio da pavimentación, melloras na accesibilidade e un axardinamento da contorna seguindo os criterios de sustentabilidade e dando resposta a unha petición formulada pola asociación de veciños Sandra Prego.A nova zona de xogos ten un carácter singular dentro da praza, nunha área circular acoutada, cun pavimento interior de caucho de cores acordes aos novos xogos infantís. O resto do espazo queda libre para outras actividades.
A obra total de remodelación da praza, encadrada na EDUSI de Santiago de Compostela e cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020), contou cun investimento de 187.550 euros.