ALCALDÍA

O Pazo de Raxoi recibe a visita da nova consulesa xeral de Cuba en Santiago

03/10/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á consulesa xeral de Cuba en Santiago de Compostela, Ingrid Izquierdo Sterling.

A consulesa xeral de Cuba en Santiago, Ingrid Izquierdo Sterling, visitou esta mañá o Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa e de varios representantes da Corporación municipal.

A rexedora e a consulesa tamén mantiveron un encontro, que segundo Goretti Sanmartín estivo centrado en "continuar fortalecendo os lazos de unión que nos unen con Cuba" tanto "polas relacións de emigración, polas persoas que tiveron que estar no exilio, como polos lazos culturais".

Ambas representantes manifestaron a súa vontade de afondar na "cooperación e solidariedade" entre ambos pobos así como de retomar a organización conxunta de actividades de tipo cultural, especialmente no marco do irmandamento entre Compostela e Santiago de Cuba, declarado no ano 1995.

Compartir: