SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

15/09/2023 Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.

Detectouse que estas illas tiñan un mal funcionamento, nalgunhas delas derivadado de filtracións continuadas de auga e lixiviados que provocaron a degradación do sistema e comprometían o circuíto de conexións eléctricas e os mecanismos internos de elevación e baixada dos colectores. Noutras retiróuselles peso para que a maquinaria hidráulica poida accionarse do xeito adecuado.

Ademais, neste plan para mellorar o sistema de recollida selectiva de residuos está previsto que siga este labor de renovación das 100 illas existentes en 4 anos.

Renovarónse xa as illas situadas nas rúas Frei Rosendo Salvado, París, avenida de Castelao, a Choupana, Gómez Ulla, Santiago de Guayaquil, Curros Enríguez, Irmáns Rey Alvite, Morón, Vista Alegre e Manuel Vázquez Cacharrón, entre outras.

Compartir: