ACCIÓN CULTURAL
A SELIC mantense fiel ao seu concepto: levar o protagonismo do papel ao directo. Autoras e autores galegos xúntanse con nomes internacionais de recoñecido prestixio, como Cristina Morales (Lectura fácil), ou o supervendas italiano Bernardo Zannoni.
SELIC Criminal
Pero a gran novidade desta VII edición é, sen dúbida, a estrea da SELIC Criminal, unha sección coordinada polo profesor e escritor Xaquín Núñez Sabarís, que nace con vontade de ser cita de referencia do xénero en Galicia. Este apartado dedicado ao xénero negro, en toda a súa diversidade, reunirá o máis destacado do panorama ibérico. A autoras e autores galegos como Diego Ameixeiras, Pedro Feijoo ou Patricia A. Janeiro, súmanse nomes como Arantza Portabales ou Lorenzo Silva, así como dous dos principais autores portugueses do xénero, Francisco J. Viegas e Francisco Moita Flores. Procurando ofrecer unha perspectiva heteroxénea, non só a literatura terá presenza, senón que tamén haberá oco para o audiovisual, con convidados como o guionista Pepe Coira.
Máis alá do libro
A SELIC continúa cunha programación que conxuga a lectura con outras disciplinas, principalmente a música, o teatro e o audiovisual. Así, por exemplo, este ano poderemos achegarnos á obra publicada de Chévere a través dunha performance que contará con Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, ou a O lume de David Rubín a través da dramatización de Xosé Barato.
Mención á parte merece a relación de literatura e música, xa moi presente en anteriores edicións. Este ano salientan figuras como a cantautora madrileña Cristina Rosenvinge ou o mozambicano João Afonso. Ademais, un concerto-recital xuntará a Olga Novo e Su Garrido Pombo, nunha actividade desenvolvida a proposta da SELIC.
Sumaranse a todo isto, alén das habituais seccións de diversos xéneros e os cursos, as programacións de librarías e editoras, nas que salientan as múltiplas sinaturas de libros que poñerán en contacto aos autores e autoras co público.
Colaboracións
A SELIC contará nesta edición coa colaboración da Fundación Antonio Pereira e da Fundación Carlos Casares, así como do Festival Internacional de Narración Oral Atlántida, da Biblioteca Ánxel Casal e de Agareso. Igualmente, mantense con forza a liña de traballo a nivel escolar, con visitas de alumnado de cinco centros de ensino (non só de Compostela, senón tamén de Brión ou Fisterra), que gozará de programación específica.
A SELIC volve á Quintana e estrea sección "criminal"
30/05/2023 O festival da lectura levará o papel ao directo en Compostela coa conxunción entre diferentes xéneros. A SELIC Criminal reunirá o máis destacado do panorama ibérico a fin de semana do 17 e 18 de xuño.
A praza da Quintana acollerá do 9 ao 18 de xuño a programación da SELIC, un festival organizado polo Concello de Santiago que ten a lectura como protagonista. A Semana do Libro de Compostela amplía ademais este ano o seu espazo, que acollerá 26 postos de librarías e editoras. Tamén a programación medra cunha media de seis actividades por xornada, entre as que se inclúe un paseo diario.A SELIC mantense fiel ao seu concepto: levar o protagonismo do papel ao directo. Autoras e autores galegos xúntanse con nomes internacionais de recoñecido prestixio, como Cristina Morales (Lectura fácil), ou o supervendas italiano Bernardo Zannoni.