EDUCACIÓN

Escolares de Salamanca visitan o Pazo de Raxoi dentro dun programa de intercambio do Grupo de Cidades Patrimonio

23/05/2023 O concelleiro de Educación, Rubén Prol, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia de Salamanca, que estarán tres días de visita en Santiago no marco do programa Aula Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración cos concellos membros.

O alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia de Salamanca permanecerá durante tres días en Compostela co fin de visitar diferentes monumentos e museos a cidade e participar en diversas actividades como un concerto didáctico, a realización dun tramo do Camiño ou a plantación dunha árbore. Este intercambio enmárcase dado a novena edición 2022-2023 do programa pedagóxico Aula do Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e os concellos de Santiago e Salamanca.

Nesta edición, os gañadores das 15 cidades viaxarán a aquela coa que estean emparellados. Trátase de viaxes de tres días, sufragados polo Grupo, que se está a levar a cabo neste último trimestre do curso. En concreto, as parellas de cidades están formadas por Salamanca e Santiago; Alcalá de Henares e Ibiza; Cáceres e Segovia; Cuenca e Tarragona; Mérida e Úbeda; Toledo e San Cristóbal de la Laguna. Ao ser quince as Cidades Patrimonio, Ávila, que é a sede física do Grupo, combínase con Baeza e con Córdoba.

Durante os tres días de visita en Compostela, os alumnos salmantinos poderán participar dun amplo programa de actividades que lles permitirá achegarse ao patrimonio histórico da cidade e a súa historia. A programación destas xornadas foi organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago,co obxectivo de tamén incluír patrimonio natural, arquitectónico, musical, gastronómico, etc. Ademais quedará constancia do intercambio coa plantación dunha árbore no centro educativo anfitrión.

Aula de Patrimonio

Aula de Patrimonio, é un programa pedagóxico do GCPHR que está dirixido a estudantes das 15 cidades integrantes da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

O obxectivo do programa é que os mozos e mozas que viven e estudan nas Cidades Patrimonio coñezan e valoren no só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo isto a través da realización de actividades didácticas en torno ao conxunto das 15 Cidades españolas Patrimonio da Humanidade e a participación, a modo de premio, nunha viaxe cultural a outra Cidade Patrimonio da súa elección.

Nesta IX edición, tamén se engadiu unha nova liña no certame para os alumnos de ESO e FP das 15 cidades do Grupo que poderán participar no concurso de fotografía en Instagram ‘A túa cidade, o teu patrimonio en Rede’, con premios de 500 euros para as mellores fotos de cada un dos municipios.

Compartir: