DEPORTES

O Concello de Santiago fletará autobuses para acompañar ao Compos a Tarazona

21/05/2023 Despois do resultado do partido de hoxe, 3-2 para o Compos, a eliminatoria queda moi aberta para o partido do próximo sábado en Tarazona (Zaragoza).

O Concello de Santiago coordinará conxuntamente coa dirección da SD Compostela a preparación de autobuses para o traslado da afección do Compos ao partido de volta no que se xogarán a elimitoria o próximo sábado en Tarazona.

Así o anunciou o alcalde logo do partido desta mañá en San Lázaro no que o Compos venceu a un Tarazona que soubo remontar ao final de partido quedando 3-2. "Queremos facilitar desde o Concello que todas aquelas afeccionadas e afeccionados que poidan se acheguen a Tarazona para que o Compos reciba o alento da súa afección" explicou Sánchez Bugallo, que recalcou ademais que se habilitarán "todas as prazas necesarias para que todo o que queira poida apoiar aos nosos nun partido tan decisivo".

A resolución da eliminatoria será o próximo sábado, ás 20.15h no Municipal de Tarazona.

Compartir: