DEPORTES

Máis de 200 deportistas participarán este domingo na XXII edición da Volta Ciclista da Ascensión

16/05/2023 A contorna da Alameda acollerá este domingo 21 de maio a XXII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.

A XXII edición da Volta Ciclista da Ascención foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, acompañada do director da Federación Galega de Ciclismo, Alberto Ferreiro e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.

A concelleira salientou que se trata dunha "proba moi especial para Compostela", xa que é "unha das citas das festas da Ascensión, que pon en valor a importancia do deporte en xeral, e do ciclismo en particular na nosa cidade" que ademáis "coincide co 40 aniversario da fundación do Club Ciclista Compostelano".

Ademáis, Esther Pedrosa congratulouse de que a proba regrese a Santiago, en concreto á contorna da Alameda, "despois de sete anos celebrándose noutra ubicación, fóra do casco urbano", e convidou á cidadanía a asistir á competición.

A proba consiste nun percorrido de 1,5 quilómetos , con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, e contará con un tramo de 300 m de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. En total, prevese a participación de entre 220 e 240 participantes distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23). Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes ), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto junior como élite sub-23 femenino, 20 voltas.

O horario de inicio da proba será as 10:00 h e finalizará ás 13.30 h, así mesmo, dentro do paseo central da Alamenda, celebrarase unha proba de xincana e habilidade para os máis cativos. Ás 14:00 horas terá lugar a entrega de premios.

Compartir: