ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Francia en España

24/03/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o embaixador de Francia en España, Jean-Michel Casa, que asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén estiveron presentes os voceiros municipais dos grupos socialista, popular e do BNG.

Sánchez Bugallo deu a benvida ao embaixador, que se amosou encantado de estar en Compostela. Jean-Michel Casa foi nomeado embaixador de Francia ante o Reino de España por decreto presidencial do 15 de marzo de 2019; tomou posesión do seu cargo en Madrid o 27 de abril de 2019. Naceu o 1 de agosto de 1957, en Rabat (Marrocos). Titulado do Instituto de Estudos Políticos de París (1979), licenciouse en Dereito, na Universidade de París I – Sorbona (1980), para logo converterse en alumno da Escola Nacional de Administración (promoción «Louise Michel», 1984).

Compartir: