ALCALDÍA

O alcalde lamenta o pasamento do humanista Manuel Sánchez Salorio

17/03/2023 "Un coruñés amigo de Santiago", así define o alcalde a Manuel Sánchez Salorio logo do seu pasamento. Sánchez Bugallo quixo destacar o gran traballo do catedrático, doutor honoris causa pola USC, no eido científico pero tamén a súa implicación con Galicia "e moi especialmente con Santiago, como Medalla de Ouro que foi".

"Desde o Concello lamentamos o seu pasamento, ao tempo que gardamos con grande orgullo o recordo dun home que fixo do seu traballo unha forma de activos pola súa terra" recalcou Bugallo.

Manuel Sánchez Salorio (A Coruña, 1930), foi licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, catedrático de Oftalmoloxía e director executivo do Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Referente no eido da Medicina, foi responsable da formación de numerosos catedráticos de Medicina e oftalmólogo, ademais de director de teses doutorais e autor de numerosos traballos en publicacións científicas. Tamén participou en diferentes proxectos de investigación e exerceu cargos como o da dirección da Sociedade Española de Oftalmoloxía ou da revista Studium Ophtalmologicum.

Compartir: