MEDIO AMBIENTE

O Concello agradece a implicación dos hostaleiros da améndoa no primeiro día de funcionamento da recollida porta a porta

02/03/2023 A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, valorou positivamente o comezo do servizo "que servirá para, a partir de agora, ir detectando elementos non previstos para corrixir e mellorar o servizo": "o obxectivo é chegar á tempada máis intensa, sobre todo de cara a Semana Santa, co sistema perfectamente operativo".

Sen incidencias no primeiro día de entrada do servizo, "ninguén quedou desatendido" explica Castro. Avanza ademais que na próxima semana haberá unha reunión coas asociacións de hostalaría para avaliar o inicio do servicio e corrixir posibles desaxustes para melloralo: "como dixemos, isto vai ser ensaio e erro, reunirémonos, analizaremos os primeiros días e, en base a isto, faremos as modificacións que sexan necesarias".

Aínda sendo certo que no primeiro día a achega orgánica dos locais non foi moi significativa "hai que entender que estamos en época baixa, o mellor momento, por outra parte, para ir testando o novo servizo, e gradualmente contamos con incrementar as achegas dos locais".

Compartir: