EDUCACIÓN

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2023/24

01/03/2023 A Xunta de Goberno local do 27 de febreiro do 2023 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

O prazo de presentación de solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual estará aberto entre os días 1 e 10 de marzo, a través da sede electrónica do Concello (trámite "Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais", modelo ED004) ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago ou mediante calquera das formas previstas na Lei. A lista de reservas e traslados e o número de prazas vacantes por unidades, publicarase o vindeiro 15 de marzo na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios das escolas infantís municipais.

Os impresos e a documentación de solicitude de praza deben presentarse entre o 16 de marzo e o 17 de abril de 2023. As solicitudes poderán descargarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela a partir do día 16 de marzo (modelo ED005 "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais"). Tamén, poderán solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.

Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática (trámite "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais") ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) de 9:00 a 13:00 horas, sen cita previa, solicitando número ou quenda na máquina dispensadora de citas.

As listas definitivas de admitidos/as, excluídos/as e da lista de agarda faranse públicas entre 29 de maio e o 5 de xuño.

O prazo de matrícula para todo o alumnado das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños será do 6 ao 16 de xuño. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

Para consultas:

- E.I.M DE CONXO: 981528702 - eimdeconxo@yahoo.com

- E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 - eimdasfontinas@yahoo.com

- E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS: 981528707 - eimdemeixonfrio@yahoo.com

Compartir: