MEDIO AMBIENTE

O Concello agradece a colaboración dos residentes da zona histórica na xestión da recollida do lixo

05/02/2023 O seu compromiso fixo desaparecer case por completo as bolsas dos soportais.

Desde o Concello de Santiago queremos agradecer o compromiso e colaboración das familias da zona vella co novo sistema de recollida de lixo nas illas de reciclaxe de quita e pon. A menos dun mes da súa posta en marcha, xa son puntuais os depósitos de bolsas de lixo que se poden atopar pousadas nos soportais do casco histórico.

Aínda que se seguen a facer pequenos axustes, queda demostrado que a cidadanía asumiu como propia esta iniciativa e a colaboracións está a ser abrumadora. Seguirase mantendo o servizo de información a pé de rúa durante unhas semanas máis e prevese rematar nesta quincena o reparto dos cubos á hostalería da cidade histórica co obxectivo de comezar tamén o servizo de recollida porta a porta nestes establecementos.

Compartir: