TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade na feira máis importante de Xapón

22/09/2022 Logo da asistir por primeira vez á ILTM Asia Pacific, feira de turismo de luxo que se celebrou do 5 ao 8 de setembro en Singapur, Turismo de Santiago continúa traballando para reactivar o turismo asiático, participando nesta ocasión na Jata, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra en Tokio do 22 ao 25 de setembro. O turista xaponés é o que ten un maior gasto medio en España, con máis de 3.000 euros por persoa.

No ano 2021 os turistas xaponeses foron os de maior gasto medio por persoa en España, superando os 3.000 euros, segundo os datos da Encuesta de Gasto Turístico elaborada polo INE. Neste sentido, o mercado xaponés é un mercado fundamental para Turismo de Santiago dentro da estratexia de diversificación da demanda turística da cidade, focalizando os esforzos na captación dun turismo de calidade.

A entidade de xestión turística municipal participa na Jata cun mostrador propio no Stand de España. Tamén manterá múltiples reunións con profesionair do sector xaponés interesados en organizar paquetes vacacionais en Santiago. Ademáis, Turismo de Santiago xa participou nun Workshop organizado pola Oficina Española de Turismo en Tokio, que se celebrou na véspera do inicio da feira e contou coa participación dos turoperadores e das axencias de viaxes máis importantes do país.

Como acción complementaria, a cidade de Tanabe, coa que Santiago leva anos colaborando, tamén asiste cun stand propio, onde se promocionan os dous camiños Patrimonio da Humanidade: o Kumano Kodo e o Camiño de Santiago. Neste stand un dos atractivos máis destacados e o Pasaporte Dual, que se entrega a aquelas persoas que percorren ambos camiños.

Na actualidad os viaxeiros xaponeses non están sometidos a ningunha restrición para viaxar a España, xa que non teñen que cumprir ningún tipo de corentena nin teñen obriga de vacinación. Así, dende que en abril deste ano Xapón reduciu o nivel de alarma para viaxar o estranxeiro ao menor nivel de risco, as axencias de viaxes xa poden comercializar paquetes turísticos, cun incremento significativo das reservas.

Compartir: