ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe ao ministro de Asuntos Exteriores, quen asinou no libro de Honra da Cidade

16/09/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, quen asinou no libro de Honra do Concello de Santiago. A continuación, acompañado do rexedor compostelá, visitou a Catedral.

Á súa chegada ao Pazo de Raxoi, Albares foi recibido por Sánchez Bugallo. Tamén estaba presente a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela. A continuación, o ministro asinou no libro de Honra da Cidade, amosando a súa satisfacción de atoparse en Compostela, "unha cidade europea por excelencia que a través do Camiño uniu e mirou a Europa desde fai séculos".

Durante o acto, acompañóunos o concelleiro de Relacións Institucionais, e portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte; así como o voceiro do PP local, José Antonio Constenla.

Compartir: