MOBILIDADE

Últimas horas para inscribirse na marcha ciclista "Compostela en Bicicleta" que terá lugar o próximo domingo no marco da Semana Europea da Mobilidade

16/09/2022 No marco da Semana Europea da Mobilidade en Santiago, o vindeiro domingo 18 de setembro ás 11:00 h terá lugar unha marcha ciclista con saída e chegada desde a praza do Obradoiro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros e poderase participar tanto en bicicleta como en patinete eléctrico. Ao finalizar a marcha, tamén haberá actividades dirixidas aosd máis cativos.

O programa da Semana Europea da Mobilidade en Santiago arrancará o vindeiro domingo 18 de setembro coa xornada "Compostela en Bicicleta" que comezará ás 11:00 h cunha marcha ciclista con saída e chegada desde a praza do Obradoiro.

O percorrido será de 10 quilómetros co fin de fomentar a mobilidade urbana e o deporte en familia e poderase participar tanto en bicicleta como en patinete eléctrico. Ao finalizar a marcha terá lugar unha gymkana para que os máis cativos poñan en práctica as súas habilidades en bicicleta e impartiranse obradoiros de mecánica.

Os dorsais poderán recollerse na tenda Decathlon Santiago de Compostela a partir do venres 16 presentado o bono de inscrición ou o domingo antes da carreira. É obrigatorio do uso de casco.

Charlas informativas
A cidadanía tamén poderá achegarse ao mundo da bicicleta e a mobilidade sostible a través de varias charlas que terán lugar ao longo da semana:"O Proxecto Smartiago (Innovación na Mobilidade)", o luns 19 ás 19:00 h); "Seguridade Viaria", o martes 20 ás 19:00 h; "Plan de Mobilidade. O Peón", o mércores 21 ás 19:00 h; "A Bicicleta Eléctrica" (xoves 22 ás 18:00 h) e "A Mobilidade en Bicicleta en Santiago de Compostela" (venres 23 ás 20:00 h).

Direcciones relacionadas



Compartir: