DEPORTES

Máis de 400 nenos e nenas participarán no IV Mini BTT Cidade de Santiago

14/09/2022 O Estadio Verónica Boquete acolle este domingo, 18 de setembro, a IV edición Mini BTT Cidade de Santiago, organizado polo Club Ciclista Compostelano. Nesta ocasión a competición servirá para homenaxear a José Luis Neira Fontao, que foi presidente do club durante anos e que faleceu recentemente. O evento foi presentado hoxe pola concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, e a vicepresidenta do Club, Mónica González.

O IV Mini BTT, reunirá en Compostela a máis de 400 nenos e nenas de distintas partes de Galicia que competirán coas súas bicicletas de montaña a partir das 10:00 horas na zona axardinada arredor do recinto do Estadio Verónica Boquete.

As competicións realizaranse en diferentes mangas, segundo categorías (benxamíns, promesas, principiantes, alevíns e infantís) e o circuíto terá unha lonxitude de 2 quilómetros, con meta e saída de 300 metros en asfalto.

Ás 14:00 horas terá lugar a entrega de trofeos.

Documentos relacionados



Compartir: