ACCIÓN CULTURAL

Arranca o XIX Feito A Man con nove actuacións a primeira semana de festival

09/08/2022 Este ano participan no Feito a Man 16 locais da Asociación Cultural Cidade Vella, promotora deste festival que chega á súa XIX edición co lema "no calor das rúas". O Intre, Udra, Degüello, Michelle Alany and Zirzuvi, Pedro Pastor y los locos descalzos, Sound Sisters, Pauliña e David Regueiro Trio e Alexandre Cavalieri actuarán esta semana.

O Feito a Man, a cita estival coa música ao vivo en Compostela organizada pola AC Cidade Vella co apoio do Concello de Santiago, alza este mércores o pano da súa XIX edición. Co lema "no calor das rúas", neste 2022 de volta á normalidade, o festival amplía datas e programación con máis de 30 actuacións do 10 ao 27 de agosto en prazas e terrazas da zona vella compostelá.

Nesta primeira semana, o Feito A Man acollerá os concertos de nove formacións con estilos que van do jazz ao blues ou o swing pasando pola cumbia, o soul, o funk ou o rock. O sábado 13 haberá, ademais, unha das sesións off do festival, unha sesión vermú con Showcase de Bombo a Negras as 13.30 h na praza de San Martiño Pinario.

Os concertos terán lugar nas rúas de Xelmírez, da Conga, Virxe da Cerca e Tras Salomé, en Tras San Fiz de Solovio e nas prazas de Feixóo e dos Gatos.

Direccións relacionadas



Compartir: