MEDIO AMBIENTE

Aberta a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti

17/06/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e doutros concelleiros e concelleiras da Corporación municipal, inaugurou esta tarde a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti, en Lamas de Abade, na que se investiron preto de 78.000 euros.

A renovada área de xogos infantís do parque de Alfredo Vicenti, na que se investiron 77.883,30 euros, permitirá contar cunha área de ocio para a cativada de Lamas de Abade e do Castiñeiriño nunha zona cun uso elevado dos espazos de lecer ao estar rodeada de varios bloques de vivendas. A superficie total da actuación é de 604 metros cadrados, das que 333 metros cadrados se corresponden coa área de xogo.

A actuación consistíu na renovación e ampliación do parque infantil e na subministración e instalación dos xogos e o mobiliario necesario. Presenta una forma orgánica de deseño, pararela á rúa, baseado no concepto de equilibrio con coherencia cromática co entorno. Mantén os xogos actuais, unha vez reparados os elementos e pezas desgastadas polo uso, á vez que introduce xogos adaptados a distintas edades e condicións físicas. Os novos elementos cos que conta son un circuíto de redes multifunción, unha barra de equilibrios, un carrusel inclusivo e un carrusel individual.

Os xogos presentan unha resistencia alta ao uso, facilidade de limpeza alta e alto nivel de reciclabilidade. Como pavimento, empregouse céspede artificial amortiguante, e un valado metálico en tornos verdes, que se completa cunha fonte, papeleira e bancos de cor de polietileno. A contrato contempla unha ampliación do prazo da garantía obrigatorio de 5 anos.

Compartir: