BARRIOS E OBRAS
As 17 en execución, contan un investimentos de 8.124.791,79 euros; e nas 30 finalizadas, todas elas en prazo agás dúas, investíronse 5.235.757,83 euros.
A memoria recompila, na súa maior parte, a información ofrecida xa polo concelleiro en distintas roldas de prensa. Son actuacións, aclara Javier Fernández, realizadas grazas a "actuación coordinada de distintos departamentos". O documento explica, unha por unha, as distintas actuacións realizadas, en que consistiron, e por que se levaron a cabo. En todas se adxunta unha ficha técnica, e un mapa coa localización da obra, así como fotos do estado previo da zona e como quedou unha vez finalizados os traballos.
Estas 53 obras subdívídense en 8 grandes apartados:
1. URBANIZACIÓN. Comprende seis obras, cun orzamento de licitación de algo máis de catro millóns de euros, IVE engadido. Dúas delas están en execución (reurbanizacióin da rúa do Hórreo fronte á Estación Intermodal e remodelación da rúa dos Concheiros) e catro finalizadas (acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño, acondicionamento do aparcadoiro da rúa da Altiboia, reurbanizacióin do espazo público na rúa do Valiño, e acondicionamento da contorna do lavadoiro das Casas Novas).
2. EDIFICACION. A memoria recolle 3 obras, todas elas finalizadas que contaron cun investimento de 340.554,24 euros. Son a zona cuberta de usos múltiples de Santa Marta, a reforma dos aseos na rúa da Trindade e da Alameda, e a substitución da cuberta da escola infantil de San Roque.
3. VIARIO. Son 11 as actuacións recollidas, 6 finalizadas (rexeneración asfáltica na Av. de Asturias, rehabilitacion do firme da Vía Edison, lotes 1 e dous de rexeneración asfáltica en varios puntos da cidade, nova senda de acceso ao edificio dos sindicatos en San Lázaro, renovación das beirarrúas na Av. de Salamanca, e renovación de beirarrúas na rúa do Restollal), 4 en execución (recuperación de sendas en zonas verdes, senda peonil do Milladoiro ao Castelo da Rocha, mellora dos accesos peonís aos centros educativos de Lamas de Abade, e actuacións de conservación e mantemento nas vías municipais de ámbito urbano) e unha en licitación (actuación de accesibilidade en diversos puntos da cidade). O orzamento destinado a ao sistema viario, calzadas, sendas beirarrúas e accesibilidade acadou os 2.726.907,40 euros.
4. PATRIMONIO. A memoria recolle un total de 10 actuacións sobre o patrimonio catalogado: 5 finalizadas (rehabilitación da ponte vella da Rocha, mellora da accesibilidade ao Pazo de Raxoi na Costa do Cristo, e rehabilitación das fontes históricas da praza do Toural e da praza de Cervantes, restauración e iluminación das fontes da Alameda), 4 en execución (acondicionamento interior e exterior do xacemento do Castelo da Rocha Forte, rehabilitacion do palacete da Finca do Espiño, rehabilitación do Centro Sociocultural Salvador Parga, e novos aseos públicos na Avenida de Raxoi) e 1 en licitación (acondicionamento interior do edificio Casa das Máquinas), cun investimento de máis de 2.669.288,05 euros.
5. ESPAZOS DEPORTIVOS. En 2021 o concello de Santiago actuou en 5 espazos deportivos. 4 obras están xa finalizadas (renovación do céspede sintético do campo de fútbol do Sergas e do campo de fútbol das Cancelas, acondicionamento da praza de acceso ao Campo de fútbol de Santa Isabel e arranxo de pistas polideportivas no barrio de Pontepedriña), e unha en licitación (fase tres de conservación e mantemento no Estadio Municipal Verónica Boquete, de San Lázaro). O orzamento adicado a estas actuacións ascende a 1.250.668,36 euros.
6. MUROS. Este apartado contabiliza 4 actuacións, cun investimento de 844.473,94 euros. 3 destas obras están finalizadas (reconstrución do muro na rúa Costiña do Monte, reparación do muro entre as rúas de París e Luxemburgo, nas Fontiñas e recolocación de peitorís nos muros do barrio das Fontiñas) e 1 en execución (reconstrución do muro do Pombal).
7. INSTALACIÓNS. Realizáronse un total de nove actuacións por un importe de 878.959,16 euros. 3 destas obras están finalizadas (renovación da sala de cladeiras no Pazo de Raxoi, actuacións de eficiencia enerxética en diversos edificios municipais, e instalación de climatización do Centro Sociocultural de Santa Marta), 3 en execución (iluminación do Parque dos Camallóns, legalizaciónda instalación eléctrica do Centro Xove da Almáciga e iluminación dos estanques das Cancelas) e 3 en licitación (alumeado público de Figueiras, instalación de iluminación pública na rúa das Estrelas e modificacióin do centro de transformación do SUNP-20 da Amañecida, en Vidán).
8. No apartado de OUTROS, inclúense 5 actuacións, por 1.258.367,00 euros. 3 están en execución (selado do vertedoiro de Aríns, subministración e colocación de pasamáns e mantemento de mobiliario urbano), e 2 finalizadas (debaste de bordes das beirarrúas; e acometidas, canalizacións autorizacións, etc.)
O concelleiro Javier Fernández destacou que so dúas das 30 obras executadas en 2021 non finalizaron en prazo: os muros de Fontiñas, que remataron 5 días despois do prazo previsto; e as actuacións realizadas na rúa do Valiño.
A memoria de obras do Concello correspondente a 2021 recolle 53 actuacións na zona urbana, cun investimento de máis de 14 millóns de euros
19/05/2022 O concelleiro de Obras, Javier Fernández, presentou hoxe a memoria do departamento correspondente ao ano 2021, que recolle, un total de 53 actuacións na zona urbana, cun investimento de 14.022.199,97. Trinta están finalizadas, dezasete en execución e seis en licitación. Segundo sinalou Fernández, o obxectivo desta publicación é, "nun exercicio de transparencia", informar á cidadanía das actuacións realizadas polo Concello de Santiago o ano pasado.
As 6 obras en licitación suman un orzamento de 661.650,35 euros.As 17 en execución, contan un investimentos de 8.124.791,79 euros; e nas 30 finalizadas, todas elas en prazo agás dúas, investíronse 5.235.757,83 euros.