ALCALDÍA

A Xunta Xeral de Mergalicia acorda modificar os estatutos para que a entidade sexa medio propio do Concello

13/05/2022 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o Consello de Administración e a Xunta Xeral de Mercagalicia, na que se acordou a modificación dos seus estatutos para que a sociedade poida ser medio propio do Concello e de Mercasa, sociedade dependente do Ministerio de Agricultura, entre outros cambios. Asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Facenda e Orzamentos, Marta Abal.

Ao remate das xuntanzas, Sánchez Bugallo, referiuse aos principais cambios nos estatutos da sociedade, "necesarios polas modificación lexislativas que se produciron nestes anos, pero tamén para darlle un impulso a Mercagalicia".

En primeiro lugar, acordouse ampliar a duración da sociedade. Mercagalicia naceu cunha finalidade e un prazo determinado, "agora pasa a ser de duración indefinida, como sucede co resto das sociedades municipais ou participadas polo Concello", indicou.

Así mesmo, prodúcese unha ampliación do obxecto social para poder "implementar outra serie de actividades necesarias para mellorar o seu funcionamento e rendibilizar unha instalación na que, no seu día, Mercasa e o Concello fixeron unha inversión importante".
O terceiro cambio vai orientado a "declarar Mercagalicia como medio propio tanto do Concello como de Mercasa", co obxectivo de facerlle "encargos de forma directa, tal e como sucede con Uninova ou Tussa, entre outras sociedades.

Na xuntanza tamén se deu conta dos resultados económicos de 2021, que pecharon con perdas, e dos do primeiro trimestre deste ano, que "implican unha certa inversión da situación", engadiu o rexedor.

Compartir: