MOBILIDADE

Instálase unha área de estacionamento de bicicletas na estación de autobuses

12/05/2022 A estación de autobuses vén de instalar novos aparca bicis co fin de facilitar os desprazamentos aumentando así a súa seguridade e dando un paso máis cara a intermodalidade.

A estación de autobuses conta cunha nova área de estacionamento de bicicletas, que pode albergar un total de 24 unidades polo momento, coa posibilidade de ampliación, e co obxectivo de que a veciñanza e os visitantes poidan estacionar a súa bicicleta combinando a mesma cos distintos servizos de transporte do entorno e garantindo así unha mellor intermodalidade.

A bicicleta, como sistema individualizado de transporte, destaca polo seu alto nivel de eficiencia nos desprazamentos de ata 6 km, sendo un dos piares fundamentais xunto cos desprazamentos peonís da denominada como micromobilidade ou última milla. Día a día, a incorporación de novos avances tecnolóxicos como a asistencia o pedaleo, favorecen que aumente o uso destes vehículos, xa que permiten eliminar atrancos como a orografía da zona e favorecer unha maior distancia do desprazamento.

Ademais, o agrupamento de servizos de transporte na mesma ubicación, permite e anima a unha verdadeira intermodalidade.

Compartir: