CENTROS SOCIOCULTURAIS
As persoas que desexen colaborar pódeno facer achegando fotos, vídeos, documentos, lembranzas, etc. E as que desexen participar dun xeito máis activo, poden sumarse a algún dos tres grupos de traballo constituidos no barrio: o Grupo de Materiais, para a recollida e clasificación das imaxes e documentos que se vaian depositando; o Grupo Etnográfico, encargado de realizar enquisas, entrevistas de audio e vídeo, e de recompilar as testemuñas orais; e o Grupo Web, encargado do mantemento da web de Vite Arquiva.
O Concello de Santiago colabora con este proxecto coa cesión dun local, no Centro Sociocultural José Saramago. Á presentación tamén asistiron o concelleiro de Centros Socioculturais, Barrios e Obras, Javier Fernández; a voceira do BNG local, Goretti Sanmartín; e Marta Lois, portavoz de Compostela Aberta, xunto ao edil deste partido, Xan Duro.
O alcalde asiste ao acto de presentación de Vite Arquiva
06/05/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu esta tarde, no Centro Sociocultural José Saramago, ao acto de presentación de Vite Arquiva. Trátase dun proxecto de investigación, baseado na metodoloxía colaborativa, promovido polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas, o CSIC.
O obxectivo de Vite Arquiva é doble: recuperar a memoria colectiva do barrio a todos os niveis (social, económico, urbanístico, etc.), para a partir de aí, crear un modelo de estrutura social innovador; procurando as ferramentas necesarias para construir un patrimonio inmaterial capaz de "coidar" das persoas que viven nese lugar. Explicábao Cristina Sánchez Carretero, antropóloga e vicedirectora do Incipit, presente no acto, xunto ao coordinador de Vite Arquiva, Brais Sandomil.As persoas que desexen colaborar pódeno facer achegando fotos, vídeos, documentos, lembranzas, etc. E as que desexen participar dun xeito máis activo, poden sumarse a algún dos tres grupos de traballo constituidos no barrio: o Grupo de Materiais, para a recollida e clasificación das imaxes e documentos que se vaian depositando; o Grupo Etnográfico, encargado de realizar enquisas, entrevistas de audio e vídeo, e de recompilar as testemuñas orais; e o Grupo Web, encargado do mantemento da web de Vite Arquiva.
O Concello de Santiago colabora con este proxecto coa cesión dun local, no Centro Sociocultural José Saramago. Á presentación tamén asistiron o concelleiro de Centros Socioculturais, Barrios e Obras, Javier Fernández; a voceira do BNG local, Goretti Sanmartín; e Marta Lois, portavoz de Compostela Aberta, xunto ao edil deste partido, Xan Duro.